Friday 17 de May de 2024

O Centro Cultural de Sigüeiro acollerá mañá mércores o concerto didáctico gratuíto “Cantarolas para xente miúda”


O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá mércores 21 de decembro, ás 18:00 horas, o espectáculo “Cantarolas para xente miúda”, un concerto didáctico para dar a coñecer o proxecto musical homónimo de Suso Vaamonde e Xosé Neira Vilas. Unha iniciativa organizada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Oroso. Dirixido a un público infantil, a entrada é totalmente libre e de balde.

“Cantarolas para xente miúda” é unha actividade para que os nenos e nenas galegos coñezan un proxecto musical que compartiron dúas das figuras máis representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e Xosé Neira Vilas. O concerto correrá a cargo de Senén Vaamonde e dous músicos do grupo A Roda, Alfredo e Manuel.